A figura elixida pola Academia para o Día das Letras Galegas 2008 é unha das máis polifacéticas da nosa literatura. Poeta, narrador, editor, historiador, arqueólogo, orador, pedagogo... A actividade de Xosé María Álvarez Blázquez a prol da cultura abrangueu tantos campos e tan diversos que non resulta doado resumir o seu legado en poucas palabras.
1915 O día 4 de febrero en Tui, nace Xosé María Álvarez Blázquez. É o terceiro dos seis fillos varóns que tiveron o médico pontevedrés Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester.
Escritor bilingüe en galego e castelan, militou na Federación de Mocedades Galeguistas e tamén no Partido Galeguista. Con Luis Viñas Cortegoso, fundou a Editorial Monterrey en 1950. En 1962 ingresou na Real Academia Gallega e dous años despois, en 1964, fundou unha nova editorial, “Edicións Castrelos”. Da sua obra en galego, salienta a colección de contos “Os ruins” (1936) e “A pega rabilongo e outras historias de tesouros” (1971), en narrativa infantil.
En sua obra lírica, salienta “Poemas de ti e de min”, feito co seu irman Emilio, (1949) “Roseira do teu mencer”, (1950); Cancioneiro de Monfero,(1953); “Romance do pescador Peleriño”, (1954); “Canle Segredo” escrito en 1954 e publicado en 1976.
Como ensaista publicou “Escolma de poesía galega; A poesía dos séculos XIV a XIX (1959)”; “Escolma de epigramas” (1968) e “Escolma de poesia medieval,(1975). 1982 Escribe o poema "Solpor".
1983 Retírase da docencia. Pecha simbólicamente a candidatura do Partido Galeguista ao Concello de Vigo. Unha doenza cardíaca impídelle continuar coa súa actividade incansábel.
1985 Logo de dous anos de enfermidade, Xosé María Álvarez Blázquez morre o 2 de marzo en Vigo.
1987 Publícase a súa Poesía galega completa , edición elaborada polo seu fillo Xosé María.
1995 Sae Sonetos del alba insomne , tamén a iniciativa de Xosé María Álvarez Cáccamo.
En nuestro Centro lo festejamos con una Gran Queimada Enxenebre, con el siguiente programa:
- Palabras de presentación por nuestro Presidente Don José Carlos Barcia Lorenzo
- Himno Gallego interpretado por la Agrupación Coral Val Miñor
- Conferencia sobre la vida y obra de Xosé María Alvarez Blázquez
- Agrupación Coral Val Miñor
- Brisa Sureña
- Arsa y Toma
- Escuela de Danzas Gallegas
- Airiños do Val
- Banda de Gaitas Irmandade
| Comentarios |
|














